lunes, 21 de diciembre de 2009

Bo nadal!!

Despois deste duro trimestre... felices festas a tod@s!! A ver se empezamos o 2010 con ganas e ilusión. Que vos traian moitas cousas aos que mellor vos portastes...

viernes, 11 de diciembre de 2009

Ponte as pilas e mobilízate (2ª parte)

Segunda parte, ou dito doutro modo, "modalidade B". Toca agora recoller adecuadamente os envases (aos que lles corresponde o contedor amarelo), e o papel e cartón (aos que lles corresponde o contedor azul).
Como a esta modalidade se apuntaran só alumn@s de 3º e 4º, lémbrovos que:
rapazada de 4º......... grupo 1
rapazada de 3º ........ grupo 2

Cada contedor, situado na entrada principal do instituto, leva o seu panel que identifica o grupo que o utilizará. O concurso durará ata o final do curso académico, e será un xurado formado por compoñentes do concello quen revisará os contedores dos centros participantes de Camariñas, para comprobar cal conseguiu a máis abundante e mellor seleccionada cantidade destes materiais.
O premio ao que se optará esta vez será un microscopio binocular que se colocará no laboratorio de Ciencias da Natureza.

Como xa sinalamos na páxina web do centro, animamos a tódolos profes e alum@s de tódolos niveis a contribuír a este proxecto de recollida selectiva.

martes, 24 de noviembre de 2009

A orixe das especies






Un día como hoxe cúmprense 150 anos dende a publicación da obra de Charles Darwin, " A orixe das especies", na que senta as bases da selección natural, e defende que tódolos seres vivos temos unha orixe común.









Velaquí a única figura da obra: "a árbore da vida", precedido dun "I think..."

lunes, 23 de noviembre de 2009

Parabéns!



Móstrovos o premio que recibiron os alumn@s de 3ºE.S.O. que participaran no concurso "Ponte as pilas e mobilízate".

Conseguiron recoller un total de 122,735 kg de pilas!! Felicidades, rapaces!!

Quixera destacar ademais o esforzo e a participación activa dos alumn@s do grupo de 3ºB.

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Unha nova axudiña para os alumn@s de 4ºA

Replicación do ADN: a molécula de ADN duplícase, dando lugar a dúas moléculas idénticas.


Transcripción:
cópiase o contido xenético do ADN a unha molécula de ARNm.


Tradución:
a mensaxe xenética do ARNm é descodificada na linguaxe proteica (dos tripletes ou codóns do ARNm aos aminoácidos das proteínas).


Resumo:
do ADN ás proteínas.

jueves, 5 de noviembre de 2009

Papel e cartón



Comezamos a tomarnos en serio a recollida de papel e cartón. Dende as titorías nos esforzaremos por recoller selectivamente estes residuos, e vacialos no contedor correspondente situado na entrada principal do instituto.

Aquí tedes o enlace da páxina da usc que especifica o que se debe e non se debe depositar, espero que aclare as vosas dúbidas:

http://www.usc.es/plands/seccions/datos_plan/eixe2/xestion_residuos/xestion_nonperigosos/papel/campana/campapel_accions.htm

O documento en pdf ten por nome "Instrucións de utilización dos contedores".

lunes, 19 de octubre de 2009

miércoles, 7 de octubre de 2009

Poñendo de menos...



Hoxe tiven unha visita das miñas ex-titorandas.

Grazas Sheila, Jenni e Sole por pasar polo centro. E grazas aos restantes ex-compoñentes de 4ºPDC do curso pasado, por facerdes que hoxe, en especial, vos puxese moito de menos.

viernes, 2 de octubre de 2009

Ponte as pilas e mobilízate!!

Os rapaces e rapazas de 4º ESO xa se están animando con este concurso proposto polo concello de Camariñas. Os grupos poden ser de ata 50 alumn@s como máximo, do mesmo ou distinto nivel. Podemos formar un único equipo representante do centro, ou varios se é que hai máis xente que se anote.
Polo de agora xa sodes 29. Tedes ata o día 6 para avisar ao departamento de Ciencias da Natureza se queredes participar. Ánimo!!!

lunes, 28 de septiembre de 2009

Premio Fonseca 2009


O premio Fonseca 2009 recae este ano no científico James Ephraim Lovelock, autor da "Hipótese Gaia", e figura relevante no panorama das Ciencias Medioambientais. Dará unha conferencia o vindeiro martes 6 de outubro: "Climate change on a living planet". Non vola perdades!!

jueves, 10 de septiembre de 2009

Volta ao cole!!


Última semana de vacacións... repoñede as pilas que hai que vir animados e con ganas, non sigades a actitude da pandilla de Mafalda.

miércoles, 1 de julio de 2009

Felices vacacións!!


A descansar eses cerebros durante o verán, que o disfrutedes como merecedes.
Para os de setembro, recordade que podedes acudir ao blog sempre que queirades consultar calquera dúbida.

Bo verán a tod@s!!

sábado, 13 de junio de 2009

Cortes xeolóxicos 4º ESO
















Para os alumn@s de 4ºA, que estarán repasando o exame do luns: déixovos os seguintes enlaces para que practiquedes a interpretación dos cortes xeolóxicos. Lembrade que debedes centrarvos exclusivamente no que demos na clase, xa que hai algúns cortes de maior complexidade, pois están pensados para un nivel de bacharelato:

http://www.ieslosremedios.org/~pablo/webpablo/web4eso/2procesosinternos/Cortes%20geologicos/CortesGeologicos.html


http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/alumno/4ESO/tierra_cambia/historia_geologica/historia_geol.htm

Calquera dúbida, xa sabedes.

martes, 9 de junio de 2009

Final de curso





ÁNIMO MUCHACHOS!!

Nada está perdido... os que asisten ás miñas clases xa saben como segue.

Un último esforzo, que xa queda menos.

lunes, 1 de junio de 2009

Aprendices de Gaudí na Costa da Morte



Auténticos artistas que xa fixeron os seus piniños en televisión...

miércoles, 27 de mayo de 2009

A Terra do Xurés, 5ª Reserva da Biosfera en Galiza

E xa son cinco. Ademais das xa coñecidas (Terras do Miño, Allariz, Os Ancares, e Ría de Ribadeo), dende hoxe, tamén podemos incluír á rexión transfronteriza de Xurés-Gerês.

martes, 26 de mayo de 2009

Excursión ás Illas Cíes


19 de Maio de 2009. Alumnos e alumnas de 2º, 3º, e 4º de E.S.O. visitaron o parque nacional marítimo terrestre das illas atlánticas de Galiza. Concretamente, disfrutaron da paisaxe das Cíes: illa do Norte ou Monteagudo, illa do Medio ou do Faro, e illa do Sur ou de San Martiño. Velaquí vos mostro as marabillosas vistas desta última, xunto ao Faro da Porta da illa do Medio.